Onda curta emite este domingo a curtametraxe ‘Nico’, realizada por alumnos do IES do Porto do Son

08-10-2008 O programa da Galega Onda Curta, que cada domingo dá a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite sobre a 1'35 da noite: ‘Nico’, un fascinante drama xuvenil sobre o acoso escolar realizado por alumnos do IES do Porto do Son, centro de ensino que dende fai tres anos desenvolve un traballo impagable de introdución do audiovisual nas escolas, baixo o nome de Son Cine.

Baixo a coordinación do profesor David Pérez e coa colaboración de profesionais como o realizador de Noia Luis Avilés ou a actriz Mónica Caamaño, a curta ten un resultado impecable que a sitúa como un traballo á altura das mellores curtas galegas dos últimos anos. 
Acudimos ademais a este centro escolar para coñecer in situ en que consiste esta actividade, asistindo á rodaxe da terceira das curtas producidas por alumnos. 
No apartado musical, porén, gozaremos dun veterano da escena galega: o vigués Elodio y los seres queridos preséntannos o videoclip do seu single Espanha a las ocho.

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade