24-09-2008 Crítica sobre a última curtametraxe de Ángel Santos, aparecida no Kalaekia, suplemento cultural d´A Peneira.
As tebras e as luces
O cazador de Anton Chéjov, un pequeno filme do xove cineasta Ángel Santos foi unha das revelacións deste veran. Premiada con xustiza no festival interfronteirizo Filminho, fai unha achega poucas veces vista no cinema galego: levar a cabo unha adaptación dun relato moi complexo, e facelo cunha soltura e vigor propias dun xeito de entedelo cinema con moita fondura.
Cunhas imaxes dunha Galiza interior plomiza e chuviosa no que os actores Lois Soaxe e Marta Pazos confiren unha insospeitada naturalidade e carnalidade aos persoaxes que interpretan. A claridade da narración que propón Ángel Santos fai o resto, configurando un filme moi atraínte, que non xoga coa natureza para modificala ou cos elementos escénicos para que nos sorprendan. Non é ese tipo de cinema ao que estamos afeitos.
A ollada de Ángel Santos está moi cercana a procura do instante, da beleza momentánea ao modo dos filmes de Eric Rohmer, ou das propostas literarias dun Jacques Rivette. Unha maneira de ver que mistura o naturalismo coa contemplación sinxela. Unha posta ao día dunha tradición francesa da que Ángel Santos se nutre.
E non era moi doado coller o sentido do relato de Chéjov e darlle vida en Galiza. O cineasta xoga coa contención e coa presenza rotunda do escenario natural, e de ahí xurde a vitalidade e o xogo de olladas que nos ofrecen un futuro moi prometedor.
O vindeiro 17 de setembro, se presenta no CGAI nunha sesión dedicada ao Festival Filminho, coa case segura presenza do seu director.
Sorte para él no futuro porque amosa un talento pouco visto na nosa terra no cinema de ficción.