´Como se fixo Rosa dos ventos´ un documental sobre o proceso de rodaxe dunha curta

12-03-2008 

O documental, está dispoñible desde hoxe dia 12 no portal  www.curtametraxes.com, pretende “achegar ao público cal é o proceso que segue unha idea audiovisual dende que nace na  mente do director ata a súa estrea".

A Rosa dos ventos" é unha das curtametraxes que optan ao Mestre Mateo 2007. Ao longo dos próximos días Jairo Iglesias agarda pechar unha serie de novas proxeccións de Rosa dos Ventos en diferentes localidades de Galicia, aínda que xa adianta que un dos pases “ten que ser obrigatoriamente en Malpica, a vila sen a cal Rosa dos Ventos non sería a curta que ao final rematou sendo”. Nas proxeccións estará presente o propio Jairo Iglesias así como algúns dos actores e actrices da curtametraxe.
A ROSA DOS VENTOS (2006) (Jairo Iglesias Martínez)

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade