Programa de proxeccións da SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO dentro do circuíto de CINEMAS DIXITAIS.

29-03-2010

Nesta iniciativa, que se desenvolverá na semana previa á entrega dos "Mestre Mateo" da Academia Galega do Audiovisual,  participan un total de trinta concellos e entidades socioculturais que proxectarán, nunha mesma sesión, unha curta e unha longametraxe dos 21 títulos que integran a programación e que forman parte dos finalistas aspirantes aos premios do audiovisual galego. As proxeccións iniciaranse o día 5 e continuarán ao longo da semana ata o día 10.


Comentarios  Comentarios

A Academia Galega do Audiovisual publica a listaxe de finalistas da oitava edición dos Premios Mestre Mateo

14-03-2010

Previa á cerimonia de entrega de premios terá lugar a SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO que se desenvolverá en numerosos lugares de Galicia que permitirá a difusión e promoción das obras finalistas e aproximar as producións galegas ao maior número de de comunidades do país.

Os concellos ou entidades interesadas que non teñan feito a solicitude da programación poderán realizala, nestes días, a través de CINEMAS DIXITAIS

http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/public/index.php?seccion=oficinapromocion/cinemas/normas.php

Comentarios  Comentarios

CINEMAS DIXITAIS abre o prazo de solicitude para concellos e entidades socioculturais interesados en participar na SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO 2010

08-02-2010

Co gallo da entrega dos premios “Mestre Mateo” que concede a ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL, os traballos finalistas nas diferentes categorías serán exhibidos no circuito de CINEMAS DIXITAIS en toda a xeografía galega.
Os concellos e entidades interesadas en participar na programación poderán realizar a solicitude antes do día 15 de marzo.
Comentarios  Comentarios

Dan comezo en Bruxelas as xornadas sobre “A emigración galega e o audiovisual: Camiños cara América e cara Europa” que organiza a Maison des Cultures de Saint-Gilles e o Centro Galego da capital belga coa participación de CINEMAS DIXITAIS.

03-02-2010

O especialista na investigación e recuperación de documentación cinematográfica sobre o cine da emigración galega, Manuel González, principia estas xornadas coa conferencia “O cine de correspondencia na emigración galega (1920-1960). Irá seguida da exhibición dun completo programa de documentais, curtametraxes e longametraxes galegas que presentan a emigración como principal argumento   
Comentarios  Comentarios

CINEMAS DIXITAIS en Bruxelas

19-01-2010

Durante os días 4 a 7 de febreiro e co título "Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración" o Centro Galego de Bruxelas organiza unha exposición e unhas xornadas sobre a emigración galega a través do cine en colaboración con Cinemas Dixitais.

Un percorrido visual a través da historia do movemento asociativo galego destacando as motivacións identitarias que levaron a crear as asociacións galegas na América a raiz das migracións masivas que se produciron durante o período 1843-1950, en Europa nos anos 1950 ata 1970 e nas diversas cidades no interior da Península Ibérica.

Comentarios  Comentarios

CINEMAS DIXITAIS en Barcelona

18-01-2010

O Centro Galego de Barcelona ven desenvolvendo un programa estable de exhibición de cinema galego a través dos ciclos de Cinemas Dixitais. Con esta iniciativa pretende ofrecer en Cataluña unha visión do conxunto da creación audiovisual nos diferentes estilos e temáticas da vasta produción galega nestes últimos anos.
Comentarios  Comentarios

A web da Axencia Audiovisual Galega fíxose eco de máis de 2700 novas!

03-04-2009

Durante os dous anos e medio da páxina da Axencia Audiovisual Galega xerou máis de 2700 novas alcanzando, así, un dos seus obxectivos: ser o punto de encontro e información do sector. Este despregue de información foi unicamente mérito de todos os axentes do sector audiovisual galego que consideraron a esta web un excelente divulgador da actualidade.

Comentarios  Comentarios

Flocos.TV rescata os filmes de ´Deza cine popular galego´

02-04-2009

Esta fin de semana en Flocos.TV teremos ocasión de asistir a unha viaxe espectacular polo tempo. Tratase de  sete pezas producidas en super 8 mm na década dos setenta  nas terras do Deza polo grupo amador: Deza Cine Popular Galego.  Son filmes  moi pouco coñecidos que abordan temas locais de moi diversa índole pero cunha perspectiva popular.
Comentarios  (1) Comentarios

A modo de balance

26-02-2009

Unha vez publicadas todas as convocatorias de axudas do 2009 -incluidas as automáticas- a Agadic será a ferramenta do audiovisual para os tempos futuros. Sirva este documento como un breve balance dos dous anos e medio de funcionamento da Axencia Audiovisual Galega.
Comentarios  (3) Comentarios
#

A convocatoria de axudas do ano 2009 está a bater todos os récords!

03-04-2009

Cando aínda están a chegar as solicitudes de axudas do presente ano e falta por iniciar o proceso de avaliación, os números nas distintas categorías se disparan e as previsións sitúanse na cifra de case 700 proxectos totais como suma de todas as modalidades e convocatorias de axudas. Unha cifra que fala ben as claras da confianza de creadores e empresas na calidade e transparencia nas convocatorias de axuda ao audiovisual.

Comentarios Comentarios

Unha moderna política de axudas para cubrir as necesidades da industria audiovisual

03-04-2009

Ao longo destes anos traballouse arreo para configurar un sistema público de axudas novidoso para poñer o aceno nos proxectos como única posibilidade de trapasar fronteiras. Un sistema baseado no principio de igualdade de oportunidades e que deu numerosos froitos ao longo destes anos e sobre todo agromarán en anos sucesivos. Unha política de axudas que tivo seu colofón nas bolsas para creadores individuais e as tan demandadas axudas automáticas para a industria.

Comentarios (1) Comentarios

A axudas automáticas completan o apoio da Consellaría de Cultura e Deporte ao audiovisual galego

30-03-2009

Era unha demanda histórica do sector audiovisual galego desde fai tempo e hoxe viuse publicada no DOG tras un intenso traballo ao longo destes anos por parte da Axencia Audiovisual Galega en colaboración coas asociacións patronais do sector (Agapi, Aega, Cluster). A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) acaba de publicar as axudas automáticas para a amortización de custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais de interese cultural galego.

Comentarios (1) Comentarios

Novos teléfonos de contacto coa Axencia Audiovisual Galega

19-02-2009

Onte pola tarde e hoxe pola mañá produciuse un troco de teléfonos polo que, para porse en contacto telefónico coas distintas personas que traballan na Axencia Audiovisual faise pública a nova listaxe de números de teléfonos.

Comentarios Comentarios

#

Unha listaxe de máis de 300 festivais para a promoción dos filmes

03-04-2009

E despois de facer as películas qué? A Axencia Audiovisual Galega era consciente de que o seu traballo non remataba aquí polo que democratizou a información relativa a festivais e puxo ao servizo de todas as produtoras e creadores unha base de datos de máis de 300 festivais de todo o mundo.

Comentarios Comentarios

Fantasporto recoñece ao novo audiovisual galego

02-03-2009

O vernes 27 de Febreiro, as 16’ 00 na cidade de Porto ((Portugal) o Festival de Cine FANTASPORTO fará a presentación da Mostra de cinema galego organizada pola Axencia Audiovisual Galega e o Festival de Cine de Ourense
Comentarios Comentarios

#

120 guións subvencionados na procura de ser levados ás pantallas!

03-04-2009

Que non hai ideas en Galicia? Só entre os guións subvencionados hai un "banco de historias" dispostas a materializarse. Ficción de todo tipo de xéneros e documentais sobre distintos aspectos da realidade, traballos de guionistas veteranos e noveis, historias na procura de productor e do coñecemento do público.

Comentarios Comentarios

#

Especial atención e compromiso co talento para insuflalo na industria

03-04-2009

Durante os últimos quince anos o discurso sobre o audiovisual galego estivo focalizado cara a produción denominada "industrial" o que logrou transmitir a cidadanía que o cinema galego só era iso. As novas tecnoloxías permitiron o abaramento da produción audiovisual polo que desde fai uns anos apareceron novos creadores que reformularon a linguaxe do audiovisual galego. Eles son... o "mundo paralelo"!

Comentarios Comentarios

Aposta polos contidos interactivos e o ocio dixital!

03-04-2009

Outro dos novos camiños abertos para o audiovisual galego pola Axencia foi a aposta –única no estado español- polos contidos interactivos e videoxogos, que mereceu a felicitación da Asociación Española de Produtores de Videoxogos ou a transposición da nosa normativa noutros territorios como Euskadi.

Comentarios Comentarios

SEGUNDO ANIVERSARIO DA AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA

28-11-2008

Parece que foi hai moito tempo, mais tan só pasaron dous anos, nen sequera unha lexislatura, desde que tal día como hoxe comezara a súa andaina a Axencia Audiovisual Galega. Foi un parto difícil mais a súa creación foi motivada para intentar conducir unha política audiovisual propia e singular. O seguinte memorandum da Axencia Audiovisual Galega quere conmemorar este aniversario e, a súa vez, facer reflexión sobre o que foi o pasado e para onde se camiña o futuro do audiovisual galego.

Comentarios (20) Comentarios

#

Seminario sobre Cinematografía Dixital organizado pola Asociación de Técnicos do Audiovisual Galego

25-03-2009

O curso denomínase "A captación de imaxes no mundo dixital" está coordenado polo director de fotografía Alfonso Parra e orgaizado pola Asociación de Técnicos do audiovisual de Galicia coa colaboración da Axencia Audiovisual galega e a SGAE.
Comentarios Comentarios

#

O catálogo virtual máis completo do audiovisual galego

03-04-2009

A onde te podes dirixir para saber a existencia dun filme do audiovisual galego? Onde podes atopar a maior listaxe de profesionais e de empresas e identificar o profesional que necesitas? A web da Axencia Audiovisual Galega é o maior punto de encontro no espazo virtual para o sector audiovisual, tanto para as súas obras como para os seus responsábeis. En total máis de 1850 títulos producidos desde 1973 ata o 2009 cunha completa información sobre os máis de 2300 profesionais que os fixeron posíbeis.

Comentarios Comentarios

O proxecto da ´Memoria do século XX´ dixitalizou máis de 200 horas de formatos cinematográficos domésticos

03-04-2009

O mundo do audiovisual precipítase constantemente cara a evolución tecnolóxica. Moita produción fica aprisionada en formatos analóxicos que impiden a súa reproductibilidade e, polo tanto, a súa visibilidade. Esta máxima acúsana sobre todo as producións domésticas e familiares que fican esquecidas en alacenas e faiados. Sorpresas que agardaban desesperadas por un proxecto como o de Memoria do século XX.

Comentarios Comentarios

Máis de 160 traballos de investigación sobre o audiovisual on line!

03-04-2009

A Axencia Audiovisual Galego tamén quixo ser un repouso para a calma, para propiciar a reflexión e facilitar que os investigadores e críticos do audiovisual galego compilasen os seus textos teóricos. Unha escolma de traballos publicados e orixinais pertencentes a un amplo abano de representantes do corpo teórico do audiovisual galego.

Comentarios Comentarios

Un pouco de luz sobre as sombras do audiovisual de Galicia

01-04-2009

No xornal La voz de Galicia do día  28/03/2009,  baixo o epígrafe “Luces e sombras do audiovisual de Galicia” o escritor, historiador e crítico Miguel Anxo Fernández elabora un balance dos últimos anos do audiovisual, que presenta varias afirmacións inexactas.
Comentarios (6) Comentarios

As comisións de expertos das axudas ao sector audiovisual no período 2001 ao 2008

15-07-2008

A Axencia Audiovisual Galega fai pública a relación de comisionados que conformaron as axudas da Consellaría de Cultura do 2001 ao 2008 e os criterios de selección dos comisionados. Esta listaxe de membros foi configurada tendo en conta as actas de reunión que figuran nos arquivos da Axencia Audiovisual Galega.
Comentarios Comentarios

#

Flocos.Tv xa contén máis de 275 títulos na súa videoteca!

03-04-2009

O cineclub do audiovisual galego consolidouse como a mellor ferramenta de exhibición do audiovisual galego en toda a súa historia. Un proxecto que xunta o esforzo de moita xente que apostou por un proxecto que dera visibilidade a moitas das producións que fican agochadas sen o seu encontro co seu público natural. Flocos é unha iniciativa orixinal e con futuro e así foi recoñecido desde fora de Galicia por crítica e medios especializados.

Comentarios Comentarios

Cinemas Dixitais chega aos 200.000 espectadores e ás 4.000 proxeccións!

02-04-2009

Ante a espera das novas posibilidades dixitais na distribución de audiovisuais a Axencia Audiovisual Galega puxo en marcha os Cinemas Dixitais un rizoma cultural esparexido por todos os recunchos de Galicia. Os Cinemas Dixitais é unha rede de exhibición alternativa e unha estrutura de promoción e difusión da produción audiovisual galega con 176 concellos en programación e 335 salas de exhibición.

 

Comentarios Comentarios

Flocos.tv nominada para os Mestre Mateo á mellor obra interactiva

13-03-2009

Onte fixéronse pública a listaxe de nominacións para as distintas categorías dos Mestre Mateo 2008 que organiza a Academia Galega do Audiovisual. Esta consideración enche de ledicia a todo o equipo que está deste proxecto de promoción do audiovisual galego e supón un dos puntais aos que chegou a Axencia Audiovisual Galega.

Comentarios (2) Comentarios

A web da Axencia Audiovisual Galega premiada polo Consello Asesor de TVE-G e CRTVG

15-11-2007

Na Facultade de  Xornalismo e deCiencias da Comunicación de Santiago de Compostela celebrouse o acto de entrega de premios  da XIV edición dos Premios de Publicidade en Galego outorgados polo Consello asesor de TVE en Galicia e a CRTVG.
Comentarios (5) Comentarios

Subscrición ao boletín
Subscribe ao noso boletín e recibirás novas e informes na túa conta de correo.
Aquí: Inscrición
Literama do día

Pero as suxestivas ideas que Seoane guindaba ás ondas dende a cidade de Buenos Aires non acadaron ningún eco na Galicia territorial. E non estamos a falar por semellas. O cinema nacional galego aínda tardou ben anos en pasar de ser unha idea ilusoria a converterse en realidade esperanzada (E entendo por cinema galego aquel que é ideado, escrito, producido, rodado, distribuido, proxectado e "visionado" no noso idioma. Resulta tan xusto, loxico e obvio ...) (Do escénico e o fílmico. Euloxio Rodríguez Ruibal)

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade