Taboleiro: Actividades

Icono de actividades

CLAVES E ELEMENTOS PARA PRODUCIR CON LATINOAMÉRICA.

O día 17 de novembro o Máster de Producción e Xestión Audiovisual, MPXA, vai celebrar nas súas instalacións sitas na Facultade de Socioloxía na Coruña, un seminario, en colaboración coa Consellería de Cultura e a Axencia Galega do Audiovisual, baixo o título Claves e elementos para coproducir con Latinoamérica, ó que estades convidados.

FORO DA CIDADANÍA E DA COMUNICACIÓN. CIDADANÍA E DOCUMENTAL.

Dende os seus inicios como categoría fílmica dotada dunna linguaxe propia, o documental pode considerarse como a expresión cinematográfica que maior compromiso ten demostrado cos valores da cidadanía. Ademais, ao longo da súa historia configurouse como testemuña visual do devir das sociedades contemporáneas. En virtude do seu acreditado compromiso colectivo, tense mostrado sempre atento á realidade social, da que dá conta para un mellor coñecemento que favoreza a intervención, a participación e a difusión da pluralidade de correntes de pensamento que conflúen no espazo público.

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade