Finou Eloy Lozano, un dos pioneiros no renacer do audiovisual galego!

14-04-2009 A Axencia Audiovisual Galega quere facer un pequeno susurro no seu silencio para dar conta dunha perda inestimable para o audiovisual galego, morreu o director Eloy Lozano. O audiovisual galego está de loito, perdeu un dos seus maiores loitadores independentes en prol de poder facer cinema en Galicia.

Quizais non é oportuno salientar agora todos os seus méritos, mais convén sinalar dalgún xeito o grado da perda. Foi o primeiro cineasta en facer un filme en 35mm rodado en galego “Retorno a Tagen Ata” (1973), importantisimo na toma de consciencia da necesidade de Galicia de ter un audiovisual propio, participou da videocreación dos 80 con traballos anovadores como “Numeralia” ou "Catro escultores", restaurou “El carro y el hombre” (1941), de Antonio Román, fundador da produtora Off Filmes, impulsor do Festival de cinema independiente de Ourense, director de “Bellas durmientes” (1999) onde fixo unha adaptación do nobel de literatura Yasubiro Kasawata, unha serie de TV sobre arquitectura contemporanea, "Idea e Territorio" e máis recientemente o documental “Quen son?” (2008) no que afondaba nas cuestións identitarias galegas.
Coa perda de Eloi Lozano, o audiovisual galego vai botar en falta a un dos seus membros máis batalladores e incansábeis! Con esta viaxe Eloy Lozano transpasará aos caroianos antes de chegar ao seu destino
Flocos.TV rendiralle homaxe hoxe coa estrea de "Catro escultores". Tamén en Flocos están dispoñibeis Numeralia e O carro e o home.

http://flocos.tv/curta/catro-escultores/
http://flocos.tv/curta/numeralia/
http://flocos.tv/curta/o-carro-e-o-hom/

Texto de Mendez Ferrín: http://cadernoarraiano.blogspot.com/

Comentarios

Vanessa - 22-04-2009 - 11:47:17h

Te vamos a echar tanto de menos, Eloy. Tanto. Un beso muy grande

Ana Fernandez do Cine club PONTEVEDRA - 15-04-2009 - 19:07:53h

Sinto o pasamento de Eloy Lozano.Participéi con él nalgún proxecto de producción.O seu filma "A casa das belas durmientes" pareceume dunha sensibilidade estética refinada.Pensaba chamalo para outros proxectos.Mágoa

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade