´Adeus Edrada?´, de Rubén Riós, gañou o festival de cine xoven de Irún

12-01-2009 

A curtametraxe ADEUS EDRADA?, de Rubén Riós, gañou o festival de cine xoven de Irun na sección video impoñendose a máis de 180 traballos presentados. Un recoñecemento máis para o primeiro traballo de Riós trala cámara.

Ata o día de hoxe "Adeus Edrada?" leva 28 nominacións nacionais. No mes de novembro comezou a súa andadura por festivais internacionais e a día de hoxe leva dúas seleccións, en China e Perú.

En canto a premios este e o terceiro premio nacional que recibe. Según Rubén "Síntome moi moi contento porque este premio acabando o ano dache forzas para loitar co seguinte proxecto "Coser e Cantar" que rodamos na ponte de decembro e que nestes momentos estamos preparando para a súa estrea en marzo".

  •  

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade