´Minimo común múltiple´, de Rubén Coca, en Onda Curta

08-01-2009 

Este domingo en Onda Curta poderase ver a nova curtametraxe do prolífico realizador ferrolán Rubén Coca. Titúlase Mínimo Común Múltiplo e está interpretada nos seus papeis protagonistas por Marta Larralde, Xoel Fernández, Rubén Riós e os nenos Álex Neira e Lourdes Sanmartín.

Mínimo Común Múltiplo pretende dar unha explicación matemática do amor e pescudar sobre os amores platónicos e os reencontros das vellas relacións. Esta curtametraxe  producida con axuda da Consellaría de Cultura e Deporte, foi rodada integramente na cidade de Ferrol e foi estreada con grande éxitio de público na apertura da última edición da Mostra de Videocreación do Condado (MÍVICO 08), en Ponteareas. 
Outra peza que se poderá ver será a que a pintora coruñesa Yolanda Dorda realizou para o Proxecto Nemo (dez pintores realizando cadansúa obra ante un lenzo transparente) de Ariadna Camiño e Miguel Mariño. O programa estivo tamén na Mostra de Curtametraxes do Ateneo Ferrolán, que chegou este Nadal á súa oitava edición, da que se dá conta nunha reportaxe. 

Por último, outro ferrolán porá a guinda musical do programa. Trátase do bluesman Víctor Aneiros, que vén de sacar o seu cuarto disco: ´Heroe Secreto’, no que pairan os versos dunha chea de poetas galegos. Neste caso, poderemos ver o videoclip ‘A Miña Bala Perdida, gravado no Teatro Jofre de Ferrol, e con fragmentos de poemas de Rosalía de Castro.

  •  

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade